Este blog está adicado a todol@s alumn@s de Infantil e Primaria do CPR San Fermín aos seus mestres e as súas familias.

jueves, 2 de abril de 2020


2 de abril : Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
Un ano máis o día de hoxe, 2 de abril celébrase a xornada mundial de concienciación sobre o autismo decretado polas Nacións Unidas co obxectivo de mellorar a calidade de vida tanto da poboación infantil coma nos adultos con autismo para así poderlles brindar unha mellor calidade de vida.
O lema deste ano, en plena crise da pandemia do coronavirus no mundo é:
Puedo Aprender, Puedo Trabajar




Reivindícase un esforzo por parte das autoridades e das sociedades a hora de facilitar o acceso a unha educación de calidade con perspectiva a que estas persoas poidan desenvolver un traballo remunerado  e ser o máis autónomos e independentes posibles.
Isto vai a requerir un cambio de mentalidade na sociedade  para apoiar as necesidades, capacidades e prioridades das persoas con TEA, crear e manter os servizos de apoio necesarios e promover a accesibilidade do colectivo en todos os ámbitos da sociedade.
Si te queres unir este ano a campaña podes facer o que se indica na imaxe:


Para esta xornada de concienciación podemos visionar os seguintes vídeos cos nosos fillos:

  • El viaje de María
https://www.youtube.com/watch?v=GUfa7p5qqa0

  • Por cuatro esquinitas de nada

domingo, 29 de marzo de 2020


RECOMENDACIÓNS COVID -19
Dende o departamento de orientación  queremos  comunicarvos que , na páxina web, no apartado de actividades, na carpeta de orientación podedes encontrar moitos recursos e información , organizada en diferentes  carpetas segundo a temática.

Aínda así aquí queremos ofrecervos unha serie de pautas para incrementar o nivel decalidade de vida nestes días de cuarentena:
1.- Manter unha rutina e visualizala cun horario en lugar accesible para realizar unha anticipación do que acontecerá ó día seguinte: hora de erguerse, tempo de aseo, tempo de tarefas, tempo de ocio, tempo para as diferentes comidas do día, tempo para moverse… Lembra comezar cada día ubicando ós nenos e nenas no día da semana e no mes no que estamos coa axuda dun calendario.
2.- Aínda que esteamos na casa os autocoidados son fundamentais: debemos ducharnos tódolos días, lavar os dentes despois de comer, peitearnos,…
3.- Dentro da nosa rutina é imprescindible establecer un tempo para as tarefas do cole de xeito que o alumnado teña responsabilidades e adquira autonomía. Se observamos fatiga o tempo pode repartirse entre a mañá e a tarde, evitando que fagan todo de golpe.
4.- Estratexias para organizar as tarefas do cole:

1º.- Ver as tarefas para o noso curso nas diferentes materias e a medida que se vaian facendo anotar as posibles dúbidas para comunicar ó profesorado correspondente.
2º.- Autorregulación: determinar o tempo que pode levar cada tarefa en función da dificultade, fatiga, extensión, do desfrute… e establecer un tempo en función destas variables. Pódese facer unha lista con todo o que van facer nese tempo de traballo e que vaian tachando o que xa fixeron (checklist).
3º.- Manter a comunicación co profesorado sobre as tarefas que facemos pode incrementar a motivación. Envíanos as túas producións!
5.- Adicar o tempo de ocio a facer obradoiros en familia e compartir momentos de lecer: Obradoiro de deporte, de mandalas, de pulseiras de macarróns, de cociña, de xogos de palabras, de contacontos, meditación, cine… podemos anotar todas as nosas ideas en post-it ou papeis, gardalos nun tarro e sacar un cada día.

6.- A lectura debería formar parte do tempo de ocio dos nenos, ao igual que a televisión, o ordenador, a tablet, as videoconsolas e o xogar. Regulando sempre o tempo que pasen frente as pantallas e, sobre todo, o que fan e ven nelas.

7.- Ofrecer un bo modelo de comunicación e linguaxe durante as interacións diarias. No caso de producirse un erro na linguaxe dos nenos ou nenas ofrecerlles, en canto rematen de falar, o modelo correcto.
8.- Ó longo destes días podemos sentir emocións negativas como ansiedade, preocupación… é normal sentir estas emocións e debemos xestionalas: debuxalas, dialogalas en familia, escribir cartas onde reflexionemos para que serve esa emoción. Por exemplo: a preocupación serve para por as luvas cando fago a compra. Grazas preocupación!...

9.- Nestes momentos que estamos vivindo é normal que os nenos se queixen de que se aburren, e isto é normal. Están acostumados a ter o horario moi estruturado e organizado e non teñen tempo para aburrirse.
Este aburrimento considérase positivo, porque fará que o neno ou a nena sexa creativo para saír desta situación. Por iso os pais non debedes solucionarlle totalmente o problema. Non lles enchades a xornada con atividades, que sexan eles mesmos os que aprendan a xestionar o seu temp, sobre todo os nenos mais maiores.
10.- Resulta beneficioso para o estado de ánimo saír á fiestra uns minutos, respirar aire puro e sentir a calor da primavera!



¡MOITO ÁNIMO, XUNTOS PODEMOS! ¡QUEDAMOS NA CASA!


 



martes, 14 de enero de 2014

REUNIÓN D. O


   REUNIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 

 

   Data: mércores, 15/01/2014.   Hora: 17:10 h.   Lugar: Audiovisuais

 

 

       ORDE DO DÍA

 

      1.Presentación da programación do D.O. para o 2º Trimestre.

 

      2.Actualizar os datos do alumnado de apoio.

 

      3. Recordo dos textos de confidencialidade.

      

      4. Fixar días de reunión cos titores de primaria

 

      5.Presentación do protocolo de acoso da Xunta de Galicia

 

      6.Principais cambios coa LOMCE

     

  7. Rogos e preguntas.

  

 

miércoles, 13 de noviembre de 2013

REUNION DOS PAIS E NAIS DE ALUMNOS DE 3 ANOS

 O XOVES 14 DE NOVEMBRO AS 19:00 H NA AULA DE AUDIOVISUAIS TERÁ LUGAR A REUNIÓN  PARA DAR A COÑECER O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN AOS PAIS E NAIS DE 3 ANOS.

A ORDE DO DÍA SERÁ A SEGUINTE:

 
ž 1. EDUCAR EN LA SOCIEDAD DE HOY. ORIENTACIONES PARA PADRES Y MADRES

ž 2. PONER LÍMITES ¿CÓMO?

ž 3.CARACTERÍSTICAS DE L@S NIÑ@S DE 3 AÑOS

ž 4. COMO POTENCIAR DESDE CASA LAS DIFERENTES ÁREAS DE DESARROLLO

ž 5. FUNCIONES DE LA ORIENTACIÓN
 

 
ž 6. PRESENTACIÓN DE LAS DIFERENTES PRUEBAS DE EVALUACIÓN DIAGNÓSTICA
ž 7.PROTOCOLO DE ACTUACIÓN DEL DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
ž 8.ACTUACIONES DEL PT Y AL DEL CENTRO
ž 9. HORARIO DE ORIENTACIÓN
ž 10. EXPLICACIÓN DE LOS RESULTADOS DE LAS PRUEBAS DE EV. DIAGNÓSTICA
ž 11.RELLENAMOS LA AUTORIZACIÓN PARA PRUEBAS Y EL PREDIAGNÓSTICO INFANTIL.