Este blog está adicado a todol@s alumn@s de Infantil e Primaria do CPR San Fermín aos seus mestres e as súas familias.

domingo, 29 de marzo de 2020


RECOMENDACIÓNS COVID -19
Dende o departamento de orientación  queremos  comunicarvos que , na páxina web, no apartado de actividades, na carpeta de orientación podedes encontrar moitos recursos e información , organizada en diferentes  carpetas segundo a temática.

Aínda así aquí queremos ofrecervos unha serie de pautas para incrementar o nivel decalidade de vida nestes días de cuarentena:
1.- Manter unha rutina e visualizala cun horario en lugar accesible para realizar unha anticipación do que acontecerá ó día seguinte: hora de erguerse, tempo de aseo, tempo de tarefas, tempo de ocio, tempo para as diferentes comidas do día, tempo para moverse… Lembra comezar cada día ubicando ós nenos e nenas no día da semana e no mes no que estamos coa axuda dun calendario.
2.- Aínda que esteamos na casa os autocoidados son fundamentais: debemos ducharnos tódolos días, lavar os dentes despois de comer, peitearnos,…
3.- Dentro da nosa rutina é imprescindible establecer un tempo para as tarefas do cole de xeito que o alumnado teña responsabilidades e adquira autonomía. Se observamos fatiga o tempo pode repartirse entre a mañá e a tarde, evitando que fagan todo de golpe.
4.- Estratexias para organizar as tarefas do cole:

1º.- Ver as tarefas para o noso curso nas diferentes materias e a medida que se vaian facendo anotar as posibles dúbidas para comunicar ó profesorado correspondente.
2º.- Autorregulación: determinar o tempo que pode levar cada tarefa en función da dificultade, fatiga, extensión, do desfrute… e establecer un tempo en función destas variables. Pódese facer unha lista con todo o que van facer nese tempo de traballo e que vaian tachando o que xa fixeron (checklist).
3º.- Manter a comunicación co profesorado sobre as tarefas que facemos pode incrementar a motivación. Envíanos as túas producións!
5.- Adicar o tempo de ocio a facer obradoiros en familia e compartir momentos de lecer: Obradoiro de deporte, de mandalas, de pulseiras de macarróns, de cociña, de xogos de palabras, de contacontos, meditación, cine… podemos anotar todas as nosas ideas en post-it ou papeis, gardalos nun tarro e sacar un cada día.

6.- A lectura debería formar parte do tempo de ocio dos nenos, ao igual que a televisión, o ordenador, a tablet, as videoconsolas e o xogar. Regulando sempre o tempo que pasen frente as pantallas e, sobre todo, o que fan e ven nelas.

7.- Ofrecer un bo modelo de comunicación e linguaxe durante as interacións diarias. No caso de producirse un erro na linguaxe dos nenos ou nenas ofrecerlles, en canto rematen de falar, o modelo correcto.
8.- Ó longo destes días podemos sentir emocións negativas como ansiedade, preocupación… é normal sentir estas emocións e debemos xestionalas: debuxalas, dialogalas en familia, escribir cartas onde reflexionemos para que serve esa emoción. Por exemplo: a preocupación serve para por as luvas cando fago a compra. Grazas preocupación!...

9.- Nestes momentos que estamos vivindo é normal que os nenos se queixen de que se aburren, e isto é normal. Están acostumados a ter o horario moi estruturado e organizado e non teñen tempo para aburrirse.
Este aburrimento considérase positivo, porque fará que o neno ou a nena sexa creativo para saír desta situación. Por iso os pais non debedes solucionarlle totalmente o problema. Non lles enchades a xornada con atividades, que sexan eles mesmos os que aprendan a xestionar o seu temp, sobre todo os nenos mais maiores.
10.- Resulta beneficioso para o estado de ánimo saír á fiestra uns minutos, respirar aire puro e sentir a calor da primavera!



¡MOITO ÁNIMO, XUNTOS PODEMOS! ¡QUEDAMOS NA CASA!


 



No hay comentarios:

Publicar un comentario