VOLVEMOS
PASEAR
A partir deste domingo
os nenos e nenas, despois de varias semanas de confinamento, podedes saír de
novo á rúa.
Sei que algúns de vós
estades un pouquiño preocupados porque, ata agora, as persoas adultas
estivémosvos dicindo que saír á rúa era un perigo para vós mesmos e para os
demais.
Ata o de agora estabámosvos dicindo unha cousa
e, de súpeto, a mensaxe que vos transmitimos é a contraria.
Os adultos agora dicimos que podedes
saír. E vós preguntarédesvos:
Se o virus segue aí, entón porqué
saímos?
Pois veredes, farédelo
porque os que máis saben disto din que será bo para a vosa saúde física e
mental.
Moitos de vós
queixabádesvos de dores de barriga, de cabeza, de non poder durmir ou de durmir
mal, de ter pesadelos...
Algúns, estabades
tan adaptados a esta situación, que xa vos afixérades a non saír da casa.
Outros anhelabades
poder saír e xa tiñades planeado facer aquilo que máis desexabades: reunirvos
cos seres queridos, bicar, abrazar, xogar!
Aínda que todos sabiamos que chegaría un
día que volveriamos saír, probablemente o que non nos imaxinamos e
que iso íanos causar un pouquiño de
Se temos coidado e
respectamos as normas de distanciamento social e hixiene, non ten porqué haber
ningún problema.
Xa sei que este domingo aínda non
é o día soñado. Porque todavía seguimos en estado de confinamento a causa
do bichiño tan pelma que aínda segue por aí. Pero lembrade que hai moitas
persoas en todo o mundo que están a traballar arreo para acabar con este virus:
investigando nos laboratorios, limpando as rúas... Todos estamos a contribuír a
acabar con él.
E
como o podedes facer vós agora que tendes a oportunidade de comezar a saír a
rúa?
Lembrar que esta saída
non é para facer todo aquilo que imaxinarades, pero si para facer cousas que
vos veñen ben: tomar o aire, correr, facer actividade física, tomar o
sol...
De momento teremos que
aprender a saír á rúa dun xeito distinto ao que facíamos antes. Pero estou
segura, todos os adultos estámolo, de que cumpriredes e farédelo moi
ben. Durante este tempo demostrástesnos que podemos confiar en
vós, que sodes moi responsables.
Probablemente, ao saír
despois de tantos días, haberá cousas que vos chamen a atención: as rúas e
parques están máis baleiras que de costume; moitos adultos levan luvas e
máscaras; ás veces hai policías controlando a algunhas persoas que saen
cando non deben, porque non compren tan ben as normas coma vós.
Non vos preocupedes. Todo iso é polo que
estabamos a dicir. Podemos comezar a saír, pero con limitacións.
Hai que ir pouco a pouco, porque aínda
non rematou de todo o tempo de quedar na casa.
Para
saír a rúa neste momento todos/as debemos tomar certas precaucións.
Temos que andar moi listos con este bichiño!
Temos que andar moi listos con este bichiño!
É preciso que saibades
que:
·
Podedes
saír unha hora ao día, entre as nove da mañá e as nove da noite, para desfrutar
dun tempo ao aire libre.
·
Sempre
iredes acompañados dun adulto da vosa familia.
·
Teredes
que pasear cerca de casa.
·
De
momento evitaredes xogar con outros nenos/a e xuntarvos con outras persoas,
pois aínda debemos gardar o distanciamento social. Se nos atopamos con algún
coñecido non vos preocupedes, podemos saudalo, pero iso si, deberemos gardar a
distancia de alomenos 2 metros de separación.
·
Os
parques teñen que seguir esperando por nós, porque, de momento, imos a xogar a
outros sitios.
·
Evitaremos
tocar o mobiliario urbano: bancos, papeleiras, etc, así como pasamáns, pomos
das portas, botón do ascensor...
Entón, que podemos
facer?
·
Podemos
pasear por zonas amplas, abertas.
·
Podemos
correr, saltar, facer exercicio, aínda que sempre tendo en conta as
recomendacións dos adultos.
·
Dar
unha volta por cerca da nosa casa co noso patinete.
·
Xogar
coa nosa pelota.
É probable que algúns
de vós usedes máscara para saír, outros non. Se non tendes, non debe
preocuparvos, porque os expertos din que non é imprescindible que os
nenos/as a levedes. Se a tendes, os vosos pais e nais explicaranvos como usala.
O que si segue a ser
súper-importante é lavarse as mans e seguir as normas que vos din as persoas
adultas nas saídas.
E que faremos cando
cheguemos a casa?
·
Lavarémonos
moi ben as mans despois do paseo.
·
Quitarnos
a roupa e poñernos unha muda de andar por casa.
·
Desinfectar
os xoguetes que levamos á rúa.
·
Falar
do que sentistes nesta primeira saída coa vosa familia ou, mellor aínda, facer
un debuxo, escribir as vosas impresións e contarllas aos compañeiros/as
do cole.
E os pais/nais como
podemos axudar aos nosos fillos/as a volver a normalizar as saídas á
rúa?:
·
Facendo
ao neno/a partícipe das mesmas, preguntándolle se lle apetece. Saír é unha
opción, pero nunca unha obriga.
·
Planear
a saída, explicarlle previamente as condicións nas que se vai facer, as normas
que deben cumprir, etc. O máis importante é incidir en lavar as mans e no
distanciamento social.
·
Podemos
anticipar o momento na casa practicando as novas normas que debemos lembrar nas
saídas. Pode ser divertido!
·
Tentar
que el/a participe na organización do novo horario cando teñamos esa
posibilidade: "A que hora che apetece máis saír?" Iso si,
procuraremos evitar horas punta.
·
Sempre
adaptaremos a información proporcionada ao noso fillo/a á súa idade. Seremos
claros e concisos.
·
Anticipar
o que se vai atopar na calle no momento que estamos a vivir.
·
Non
negaremos a realidade, pero a nosa mensaxe será tranquilizadora, tentaremos
transmitir calma e seguridade. Se nós estamos ansiosos ou non estamos
convencidos, malamente vai estar el/a tranquilo/a.
·
Ser
precavidos: levar un xel no bolso para que se lave as mans.
·
Procurar
manter unha actitude calmada, sen alarmismos cando nos atopemos con xente,
cando se toque a cara... Evitaremos asustalo/a e meterlle máis medo no corpo do
que xa poida ter.
·
É
moi importante proporcionarlle unha seguridade na rutina de saír pero tamén
unha seguridade emocional. Sempre debemos deixar un tempo para escoitalo/a,
para que nos conte o que sentiu nesas primeiras saídas, estar atentos as súas
emocións, sen magnificalas, pero recoñecéndoas, validándoas, axudando a
verbalizalas. Procurar que sinta que empatizamos con el/a e, ao mesmo
tempo, transmitirlle a mensaxe de que isto é temporal e de que confiamos
nel/a e na súa capacidade de xestionar esta situación. Xa nos demostraron que
son capaces!
·
Eloxiar
concretamente o seu comportamento durante o paseo cando este foi positivo e
cumpriu as normas. Facerlle saber que nos sentimos orgullosos/as de el/a.
·
Se
se sente frustrado/a porque a saída non é o que esperaba con ansia, explicarlle
serenamente que aínda hai cousas que non podemos facer aínda que nos apetezan
moito, pero que chegará un momento en que si poderemos facelas. Mentres
temos que ir pasiño a pasiño. Debemos ser moi claros e non crearlle falsas
expectativas.
·
Se
ten moito medo e non lle apetece, non forzalo/a. Escoitalo/a e ir facendo
pequenas aproximacións: observar desde a nosa ventá como outros/as nenos e
nenas saen, ver nas noticias como foi a saída doutros nenos/as...
·
Normalizar
ese sentimento, ao principio é lóxico que teñan esa sensación.
·
Insistir
que, se seguimos as normas, non pasará nada.
·
Empezar
por pequenos paseos e ir aumentando a súa duración.
Ser moi conscientes de non transmitirlle
a nosa preocupación ou angustia. Sabedes que os cativos/as teñen un sentido
excepcional para captar as nosas emocións e algunhas delas, como o medo, son
moi contaxiosas. Se nós non nos sentimos preparados/as, é preferible adiar a
decisión de saír para máis adiante. (Extraído de OrientaCondesa)
No hay comentarios:
Publicar un comentario