Este blog está adicado a todol@s alumn@s de Infantil e Primaria do CPR San Fermín aos seus mestres e as súas familias.

miércoles, 29 de abril de 2020

VOLVEMOS A PASEAR


VOLVEMOS PASEAR
A partir deste domingo os nenos e nenas, despois de varias semanas de confinamento, podedes saír de novo á rúa.
Sei que algúns de vós estades un pouquiño  preocupados porque, ata agora, as persoas adultas estivémosvos dicindo que saír á rúa era un perigo para vós mesmos e para os demais.

 Ata o de agora estabámosvos dicindo unha cousa e, de súpeto, a mensaxe que vos transmitimos é a contraria. 
Os adultos agora dicimos que podedes saír. E vós preguntarédesvos:

Se o virus segue aí, entón porqué saímos?
Pois veredes, farédelo porque os que máis saben disto din que será bo para a vosa saúde física e mental. 
Moitos  de vós queixabádesvos de dores de barriga, de cabeza, de non poder durmir ou de durmir mal, de ter pesadelos... 
Algúns, estabades  tan adaptados a esta situación, que xa vos afixérades a non saír da casa. 
Outros anhelabades poder saír e xa tiñades planeado facer aquilo que máis desexabades: reunirvos cos seres queridos, bicar, abrazar, xogar!
Aínda que todos sabiamos que chegaría un día que volveriamos saír,  probablemente o que non nos imaxinamos e que  iso íanos causar un pouquiño de
Se temos coidado e respectamos as normas de distanciamento social e hixiene, non ten porqué haber ningún problema.

Xa sei que este domingo   aínda non é o día soñado. Porque todavía seguimos en estado de confinamento a causa  do bichiño tan pelma que aínda segue por aí.  Pero lembrade que hai moitas persoas en todo o mundo que están a traballar arreo para acabar con este virus: investigando nos laboratorios, limpando as rúas... Todos estamos a contribuír a acabar con él.
E como o podedes facer vós agora que tendes a oportunidade de comezar a saír a rúa?

Lembrar que esta saída non é para facer todo aquilo que imaxinarades, pero si para facer cousas que vos veñen ben: tomar o aire, correr, facer actividade física,  tomar o sol...
De momento teremos que aprender a saír á rúa dun xeito distinto ao que facíamos antes. Pero estou segura, todos os adultos estámolo,  de que cumpriredes e farédelo moi ben. Durante este tempo demostrástesnos  que podemos confiar en vós, que sodes moi responsables.
Probablemente, ao saír despois de tantos días, haberá cousas que vos chamen a atención: as rúas e parques están máis baleiras que de costume; moitos adultos levan luvas e máscaras;  ás veces hai policías controlando a algunhas persoas que saen cando non deben, porque non compren tan ben as normas coma vós. 
Non vos preocupedes. Todo iso é polo que estabamos a dicir. Podemos comezar a saír, pero con limitacións.
Hai que ir pouco a pouco, porque aínda non rematou de todo o tempo de quedar na casa.
Para saír a rúa neste momento todos/as debemos tomar certas precaucións. 
Temos que andar moi listos con este bichiño!

É preciso que saibades que:
·                     Podedes saír unha hora ao día, entre as nove da mañá e as nove da noite, para desfrutar dun tempo ao aire libre.
·                     Sempre iredes acompañados dun adulto da vosa familia.
·                     Teredes que pasear cerca de casa.
·                     De momento evitaredes xogar con outros nenos/a e xuntarvos con outras persoas, pois aínda debemos gardar o distanciamento social. Se nos atopamos con algún coñecido non vos preocupedes, podemos saudalo, pero iso si, deberemos gardar a distancia de alomenos 2 metros de separación.
·                     Os parques teñen que seguir esperando por nós, porque, de momento, imos a xogar a outros sitios.
·                     Evitaremos tocar o mobiliario urbano: bancos, papeleiras, etc, así como pasamáns, pomos das portas, botón do ascensor...
Entón, que podemos facer?
·                     Podemos pasear por zonas amplas, abertas.
·                     Podemos correr, saltar, facer exercicio, aínda que sempre tendo en conta as recomendacións dos adultos.
·                     Dar unha volta por cerca da nosa casa co noso patinete.
·                     Xogar coa nosa pelota.
É probable que algúns de vós usedes máscara para saír, outros non. Se non tendes, non debe preocuparvos,  porque os expertos din que non é imprescindible que os nenos/as a levedes. Se a tendes, os vosos pais e nais explicaranvos como usala.
O que si segue a ser súper-importante é lavarse as mans e seguir as normas que vos din as persoas adultas nas saídas.

E que faremos cando cheguemos a casa?
·                     Lavarémonos moi ben as mans despois do paseo.
·                     Quitarnos a roupa e poñernos unha muda de andar por casa.
·                     Desinfectar os xoguetes que levamos á rúa.
·                     Falar do que sentistes nesta primeira saída coa vosa familia ou, mellor aínda, facer un debuxo, escribir as vosas  impresións e contarllas aos compañeiros/as do cole.

E os pais/nais como podemos axudar aos nosos fillos/as a volver a normalizar as saídas á rúa?: 
·                     Facendo ao neno/a partícipe das mesmas, preguntándolle se lle apetece. Saír é unha opción, pero nunca unha obriga.
·                     Planear a saída, explicarlle previamente as condicións nas que se vai facer, as normas que deben cumprir, etc. O máis importante é incidir en lavar as mans e no distanciamento social.
·                     Podemos anticipar o momento na casa practicando as novas normas que debemos lembrar nas saídas. Pode ser divertido!
·                     Tentar que el/a participe na organización do  novo horario cando teñamos esa posibilidade: "A que hora che apetece máis saír?" Iso si,  procuraremos evitar horas punta.
·                     Sempre adaptaremos a información proporcionada ao noso fillo/a á súa idade. Seremos claros e concisos. 
·                     Anticipar o que se vai atopar na calle no momento que estamos a vivir. 
·                     Non negaremos a realidade, pero a nosa mensaxe será tranquilizadora, tentaremos transmitir calma e seguridade. Se nós estamos ansiosos ou non estamos convencidos, malamente  vai estar el/a tranquilo/a.
·                     Ser precavidos: levar un xel no bolso para que se lave as mans.
·                     Procurar manter unha actitude calmada, sen alarmismos cando nos atopemos con xente, cando se toque a cara... Evitaremos asustalo/a e meterlle máis medo no corpo do que xa poida ter.
·                     É  moi importante proporcionarlle unha seguridade na rutina de saír pero tamén unha seguridade emocional. Sempre debemos deixar un tempo para escoitalo/a, para que nos conte o que sentiu nesas primeiras saídas, estar atentos as súas emocións, sen magnificalas, pero recoñecéndoas, validándoas, axudando a verbalizalas. Procurar que sinta que empatizamos con el/a e, ao mesmo tempo,  transmitirlle a mensaxe de que isto é temporal e de que confiamos nel/a e na súa capacidade de xestionar esta situación. Xa nos demostraron que son capaces!
·                     Eloxiar concretamente o seu comportamento durante o paseo cando este foi positivo e cumpriu as normas. Facerlle saber que nos sentimos orgullosos/as de el/a.
·                     Se se sente frustrado/a porque a saída non é o que esperaba con ansia, explicarlle serenamente que aínda hai cousas que non podemos facer aínda que nos apetezan moito, pero que  chegará un momento en que si poderemos facelas. Mentres temos que ir pasiño a pasiño. Debemos ser moi claros e non crearlle falsas expectativas.
·                     Se ten moito medo e non lle apetece, non forzalo/a. Escoitalo/a e ir facendo pequenas aproximacións: observar desde a nosa ventá como outros/as nenos e nenas saen, ver nas noticias como foi a saída doutros nenos/as... 
·                     Normalizar ese sentimento, ao principio é lóxico que teñan esa sensación.
·                     Insistir que, se seguimos as normas, non pasará nada.
·                     Empezar por pequenos paseos e ir aumentando a súa duración.
Ser moi conscientes de non transmitirlle a nosa preocupación ou angustia. Sabedes que os cativos/as teñen un sentido excepcional para captar as nosas emocións e algunhas delas, como o medo, son moi contaxiosas. Se nós non nos sentimos preparados/as, é preferible adiar a decisión de saír para máis adiante. (Extraído de OrientaCondesa)





No hay comentarios:

Publicar un comentario